Zante ou Zacinto (Zakynthos) é unha illa do grupo das illas Xónicas que conforma unha prefectura de Grecia. A capital é a cidade de Zakynthos tamén chamada Chora, é dicir -a cidade-, que ten uns 15.000 habitantes. A illa e prefectura ten unha poboación de 42.000 persoas (102 h/km²) e uns 409 km². A súa liña costeira mide 123 km e mide uns 40 km de longo por 20 de ancho. O seu punto máis alto é o monte Vrachionas, de 758 metros. O nome deriva de Zakynthos, fillo do lendario xefe de Arcadia Dardano.